O Poxigo

Ligazón preparada para o funcionamento, no seu caso, da revista como blogue. Neste momento reproduce a páxina “Quen somos”:

“A dirección de Lar de Unta acordou, nestes tempos en que  a edición en papel está en retroceso pola presencia das redes sociais e o peso das publicacións na nube, volver ao formato físico para lembrar a revista que tantas ledicias nos dou ao longo da primeira década do século.

Neste sentido é a nosa intención “tirar” cando menos un novo número ao ano da revista O Poxigo. Tamén pretendemos tirar varios números en formato dixital (en principio na plataforma Calameo) mais mantendo o espíritu da edición en papel. Así sería unha edición periódica, lonxe da inmediatez das redes sociais, coa pretensión de servir de lembranza duradeira dos actos da nosa asociación (como xa o son os 11 números tirados ata agora) de información sosegada aos socios (e a todos os betanceiros interesados na actividades de Betanzos, especialmente as culturais) e de expresión e reflexión da vida da Asociación e tamén de Betanzos, con seccións de debates e colaboracións en poesía, fotografía, ensaio, humor, internet etc.

“O Poxigo”
 foi o nome da revista que a nosa asociación tivo a ben publicar entre os anos 2001 e 2007.

A dirección da mesma correspondeu nun primeiro intre a Xabier Doporto e mais tarde a Bieito Lorenzo, editándose un total de 10 números que temos a ben colgar na nosa páxina web como tributo a todos aqueles que axudaron a construir esta nosa Asociación.

No ano 2024 tiramos tamén un número especial polo noso 25 aniversario, o número 11.

Cremos que é un interesante documento histórico onde se pode ver o transcorrer da nosa asociación ao longo da primeira década do século.

Os números dispoñibles ata o 11 están en pdf e poden descargarse clicando na imaxe correspondente.

Accesos directos (abre noutra xanela):